OUTRABANDA está especializada en formación e asesoría en comunicación.
Cada cliente e cada situación son estudados individualmente para ofrecer o mellor servizo
O noso obxectivo é que a comunicación se converta na súa mellor aliada.
Carmen Máiz Bar
Directora
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Licenciaturas en Tradución e Interpretación, e Publicidade e Relacións Públicas, Posgraos en Dirección de Comunicación e Especialización en Dirección de Equipos de Traballo, formouse tamén en áreas como community management, posicionamento SEO/SEM, protocolo, ventas, coaching e idiomas en Gran Bretaña, Alemaña e Estados Unidos.
Desenvolveu inicialmente a súa actividade profesional como tradutora e intérprete, para pasar posteriormente a centrarse nos ámbitos de comunicación, marketing, publicidade e relacións públicas. Forma parte de AGPTI, Association for Business Communication e Club de Creativos.
A finais de 2012 finalizou o Master of Communication Management da Annenberg School na University of Southern California (Los Angeles), cunha bolsa da Fundación Barrié. Dende entón, traballa como formadora e asesora en comunicación para distintas empresas e institucións, ademais de colaborar, como titora, facilitadora e mentora, en iniciativas como GRADschool e 3 Day Startup.
En 2018 obtivo o Doutoramento en Comunicación na Universidade de Vigo.