EspañolGalegoEnglish


outrabanda comunicacion noticias news novas

 

 

15 de marzo 2016

     Outrabanda pulsa o botón de pause. Un dos nosos proxectos pasa a ocupar o 100% do noso tempo, co cal non poderemos realizar outras actividades. Mil grazas, de verdade, por todo. Estaremos a vos observar :) 

outrabanda comunicacion pause

29 de febreiro 2016

     Este mes tocou máis exposición a medios, entre outros Faro de Vigo e Radio Galega.

 

28 de xaneiro 2016

     Aberto o prazo de matrícula para a cuarta edición do noso Obradoiro "Iniciación á Comunicación". Deseñado para autónomos, empresarios e PEMES, terá lugar os días 23, 24 e 25 de febreiro na Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) en Vigo. Máis información aquí, aquí ou aquí.

  

30 de decembro 2015

POSTAL NAVIDAD 2015-OUTRABANDA COMUNICACION

 

22 de novembro 2015

        Oportunidade de estancia de investigación na University of Southern California, cun inciso para volver ser mentores no 3 Day Start Up, ambas experiencias moi positivas.

 

 24 de outubro 2015

        Outubro converteuse tradicionalmente no noso mes de GRADschool. Un ano máis, colaboramos coa Fundación Barrié e Vitae na súa edición para o noso país, na que participaron tamén as Universidades e o SERGAS.

        Ademais, viaxaremos a EEUU a presentar unha comunicación no congreso On the Image.

 

26 de setembro 2015

       Setembro tráenos a finalización programada do proxecto no que colaborabamos coa empresa Spica SL e o inicio do período de colaboración coa asociación Conxemar, para o seu congreso anual.

 

25 de agosto 2015

        Este mes, Outrabanda volveu cruzar a fronteira, para presentar unha comunicación no 55 Congreso ERSA na School of Economics and Management de Lisboa.

 

4 de xullo 2015

       A nosa directora, Carmen Máiz Bar, participa, presentando unha comunicación, no congreso internacional de Relacións Públicas Barcelona PR Meeting

 

7 de xuño 2015

      Dende o 27 de maio, Outrabanda é un ano máis vella. Un dos máis intensos na vida da empresa, e na nosa propia. Só podemos agradecervos, darvos mil grazas, por ser parte del, por ser parte de nós.

 

8 de maio 2015

     Participamos no proxecto Emprendedoras e a web xa está dispoñible. A configuración e os textos do noso espazo son aínda provisionais, pero aquí os tedes

 

16 de abril 2015 

     A partires destas semanas estaremos moi centrados nas nosas tarefas de consultoría; como exemplo, esta é unha listaxe de posibles servizos que elaboramos para un dos nosos clientes.

 

LISTADO GENERAL SERVICIOS OUTRABANDA-GAL

16 de marzo 2015

     Este mes volvemos dar clase de Comunicación Intercultural no Mestrado en Lingua e Comunicación nos Negocios da Universidade de Vigo.

 

15 de febreiro 2015

     Aberto o prazo de matrícula para a terceira edición do noso obradoiro "Iniciación á Comunicación". Deseñado específicamente para autónomos, emprendedores e PEMES, nesta ocasión terá lugar os días 23, 24 e 26 de febreiro na sede da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) en Vigo. Máis información aquí, aquí ou aquí.

 

30 de xaneiro 2015

     Formamos parte da rede de colaboradores de A2 Laboratorio de ideas, contribuíndo con traballo de dúas das nosas áreas de especialidade: estratexia de comunicación e redacción creativa. 

 

31 de decembro 2014

 

outrabanda comunicacion navidad nadal christmas

 

31 de outubro 2014

     Colaboramos na V Edición Internacional do programa Gradschool, competencias profesionais para investigadores, con membros de Universidade de Vigo, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago, SERGAS, e Fundacións Barrié e Alicia Koplowitz.

 

23 de setembro 2014

      Chega o outrono, e con el imos de vagar voltando nós.

outrabanda comunicacion otoo outono fall

17 de xullo 2014

 well be right back outrabanda

1 de xuño 2014

      Hai hoxe un ano comezábamos a nosa aventura, o noso proxecto. Non podíamos imaxinar chegar tan lonxe como temos chegado, e só podemos agradecervos todo o que nos tedes achegado... e dicirvos que agardamos celebrar con vós moitos anos máis.

 

2 de maio 2014

      Iniciamos a nosa colaboración docente coa Escola Europea de Negocios.

  

1 de abril 2014

     Comezamos abril como mentores no programa para emprendedores 3 Day StartUp, para continualo presentando unha comunicacion no congreso Lusocom 2014.

  

 5 de marzo 2014

     Este mes estaremos participando, impartindo clases, no Mestrado en Lingua e Comunicación nos Negocios da Universidade de Vigo.

  

3 de febreiro 2014

     Aberto o prazo de matrícula para a segunda edición do noso obradoiro "Iniciación á comunicación". Deseñado especificamente para autónomos, emprendedores e PEMES, nesta ocasión terá lugar o día 22 de febreiro na sede da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) en Vigo.

 

 2 de xaneiro 2014

    Que o novo ano vos traia... Inspiración, Diversión, Sorte e Optimismo!

composition navidad nadal christmas outrabanda comunicacion

 

 

9 de decembro 2013

            Este mes estamos centrados na nosa actividade de asesoría, traballando en auditoría, estratexia, plans de comunicación... para os nosos clientes.   

     

4 de novembro de 2013

             Comezamos a nosa colaboración en Encirculo, a nova revista online do Círculo de Empresarios de Galicia.

       

11 de outubro 2013

             Participamos nas Edicións Internacionais 2013 de GRADschool e Leadership in Action, programas de competencias profesionais para investigadores.

 

3 de setembro 2013

            Aberto o prazo de matrícula para o noso obradoiro “Iniciación á comunicación”. Dirixido a autónomos, emprendedores e PEMES, terá lugar os días 17, 18 e 19 de setembro na Cámara de Comercio de Vigo.

 

1 de agosto 2013

           Publicamos na revista online Marketing Semanal o artigo “Claves para presentarte al mundo”, un decálogo sobre como prepararse para facer unha presentación.

 

7 de xullo 2013

          A nosa directora, Carmen Máiz Bar, participa na mesa redonda “Galicia e a súa marca”, publica na revista 43ºN8ºW o artigo “Aplicando Nation Branding a Galicia” e é entrevistada no programa de radio La Voz de la Empresa.